O pleno de Ribeira da luz verde á xestión directa do aparcadoiro do Centenario

28 Marzo 2023

O pleno do Concello de Ribeira aprobou a xestión directa do aparcadorio da Praza do Centenario un tema que leva moito tempo enquistado. O alcalde, Manuel Ruiz, expuxo que tras un minucioso estudo, os técnicos determinaron que a municipalización das instalacións mediante unha xestión directa por contrato de servizos era a mellor opción. A corporación deu o visto e prace co apoio de PP e BNG, aínda que Suma Ribeira e PBBI decidiron absterse e o PSdeG-PSOE votou en contra.

O concelleiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, apuntou que se debía buscar a autonomía financeira na medida do posible, mentres que o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, mostrouse satisfeito de dar pasos na municipalización.

Pola súa banda o voceiro do PsdeG-PSoe José Manuel Vilas expuxo que a xestión directa é o máis beneficioso para os ribeirenses se ben difire nas formas xa que considerou que o ideal sería constituír unha sociedade pública para levar as rendas do aparcadoiro.

En termos similares expresouse Herminia Pouso para mostrar a postura do PBBI que dixo que espera que non hipoteque ao futuro goberno municipal. O rexedor municipal, Manuel Ruiz, dixo que a memoria vai estar aprobada definitivamente en maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.