O Grupo Popular sostén que “ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está colapsado ou en risco de colapso”

30 Marzo 2023

O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou este xoves 30 de marzo, no Parlamento de Galicia, que “ningún servizo de urxencias de ningunha área sanitaria galega está nin colapsado nin en risco de colapso”. E engadiu:“O que si sofren estes servizos en toda España son picos de afluencia motivados por afeccións respiratorias de carácter estacional, que son xestionados coa máxima profesionalidade tanto polos responsábeis organizativos do Sergas como polos sanitarios que prestan atención directa aos pacientes”, indicou.

No debate de dúas proposicións non de lei sobre a situación do servizos de urxencia dos hospitais de Santiago e Barbanza, Alberto Pazos recoñeceu que estes servizos “rexistraron un aumento significativo das patoloxías respiratorias propias do inverno, coa conseguinte maior afluencia de pacientes, que foi resolta con absoluta normalidade”.

E apuntou: “Unha cousa é que se traballe para minimizar as molestias que poden implicar estes picos de afluencia e outra moi distinta é que desde o BNG e o PSdeG se intente alarmar á poboación, que ten perfectamente garantida a atención en urxencias”.

Sobre Santiago e O Barbanza

Respecto do servizo de urxencias do Hospital de Santiago, Pazos lembrou que “se foi mellorando de forma importante nos últimos dous anos coa ampliación dos espazos, a adquisición de nova tecnoloxía e o aumento dun 30 por cento dos recursos humanos”. Ao seu xuízo, a proposta dos grupos da oposición resulta “innecesaria por extemporánea, xa que o plan funcional do servizo de emerxencias non debe ser elaborado porque xa existe; non se poden abrir máis camas no hospital compostelán, porque están permanente operativas en función da demanda; e non é necesario reforzar as urxencias extrahospitalarias, pois están cubertas ao 100 por cento segundo seu plan funcional”, explicou.

Así mesmo, o viceportavoz popular manifestou que a Xunta “traballa de forma constante na mellora da atención hospitalaria no Barbanza”. Así, referiuse á ampliación das instalacións e dun 40 por cento do número de camas, e o reforzo do equipo humano deste hospital comarcal coa oferta de 15 prazas fixas de especialidades médicas polo sistema de concurso de méritos.

“Todas estas actuacións desmenten as súas acusacións e amosan o compromiso do Goberno galego con estes hospitais, coa atención sanitaria nas comarcas de Compostela e o Barbanza e, en xeral, coa sanidade pública galega, que está a sufrir as mesmas dificultades que os demais sistemas sanitarios de España pero que os está superando con mellor nota que a maioría”, rematou Alberto Pazos.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...