O Concello de Rianxo organiza unha Aula de Artesanías de Creativas

09 Marzo 2023

O Concello de Rianxo vai organizar unha Aula de Artesanías Creativas entre marzo e xuño deste ano, baixo o epígrafe Crear coas mans. Trátase dun programa de formación sociocultural e ocio educativo cuxo obxectivo é dar forma a un espazo de lecer activo para “socializar, fomentar a imaxinación, mellorar a concentración e a psicomotricidade, aumentar a autoestima e concienciar sobre problemas ambientais e de xénero”, segundo informou o Concello, que, nun nivel máis concreto, sinala que na aula abordarase un amplo abano de xéneros e formatos: cestería, encadernación, origami, olería, papel artesanal, reciclaxe, colaxe, bixutería, etc. Deste xeito, sinalan fontes do Consistorio, “haberá unha proposta inicial de pezas a elaborar pero, dentro do posíbel, irémola adaptando ás destrezas e intereses das persoas asistentes”.

A actividade está destinada a persoas maiores de 14 anos e será impartida por Electra Menéndez. Terá as seguintes datas: mércores 22 e 29 de marzo; 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21, 28 de xuño. As sesións levaranse a cabo en horario de 16:00 a 18:00 no Pazo de Rianxiño (aula de plástica). Haberá un máximo de 10 participantes.

O prazo de matrícula remata este 16 de marzo ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...