O Concello de Noia adxudica por 380.000 € a rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida, que estará listas para o verán

27 Marzo 2023

O Concello de Noia vén de adxudicar por 379.988 euros as obras de rehabilitación das naves do antigo Estaleiro de Hermida en Abruñeiras (Barro) á empresa Arines Obras y Proyectos SL. Un contrato que xa foi formalizado polo Executivo noiés polo que as obras comezarán nos próximos días.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, explicou que esta actuación ten un dobre obxectivo: por unha banda recuperar un inmóbel que se atopa nunhas malas condicións de conservación e que tiña un aspecto paisaxístico sobre o paseo marítimo de Noia e, por outra, poñelo en valor como instalación náutico-deportivo que prestará servizo ao Club de Remo de Noia. Trátase, dixo, “dun novo espazo que servirá como local adicional para un club que está medrando en número de asociados e para os que as instalacións que teñen no porto do Testal, que xa melloramos tamén nestes últimos anos, se lles empezan a quedar pequenas. Coa rehabilitación destas naves poderán dispoñer dun espazo moito máis amplo”.

Freire Abeijón adiantou que “as obras darán comezo nos próximos días e, como contan cun prazo de execución de tres meses, agardamos que poidan estar xa listas para este mesmo verán e poidan ser desfrutadas polos centos de persoas que integran o Club de Remo de Noia”.

As obras inclúen o saneado das fachadas das naves do Estaleiro de Hermida, así como o seu acondicionamento interior subindo a cota do pavimento para evitar inundacións e compartimentando as naves para separar os hangares de embarcacións dos vestiarios. Así mesmo, inclúense novas instalacións de electricidade, alumeado, fontanería, saneamento e ventilación.

O alcalde de Noia amosouse “moi satisfeito” polo inicio dunha actuación que dá continuidade aos traballos de recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruñeiras iniciados na lexislatura pasada. Daquela, o Goberno presidido por Freire Abeijón investira case 60.000 euros na consolidación dos muros exteriores de mampostería da antiga fábrica de motores Motoraco, así como un sendeiro peonil entre punta Abruñeiras e Río do Porto. “Con esta segunda fase non só estaremos integrando paisaxisticamente a nave do antigo estaleiro de Hermida, senón que poñemos en valor parte do patrimonio industrial e mariñeiro do noso concello”, indica Santiago Freire, “recuperando estas instalacións para desfrute público”.

Características das obras

Durante os próximos tres meses, a empresa Arines Obras y Proyectosvai actuar sobre un inmóbel de 863 metros cadrados de superficie cuxa construción data de 1965. Trátase dun complexo formado por unha nave principal de planta rectangular que leva engadida unha segunda nave na fachada sur, de menor altura, e cun terceiro inmóbel na fachada norte cun depósito de auga elevado sobre unha estrutura independente.

Para dar resposta ás necesidades do Club de Remo de Noia, o proxecto abrangue a habilitación de dous hangares de embarcacións, un taller de reparacións, un foso interior, dous vestiarios, un almacén e unha zona de vestíbulo. A intención é destinar a nave central e a nave sur como hangares de embarcacións e zona de reparacións para o Club de Remo de Noia, mentres que os vestiarios e a entrada ao complexo terá lugar pola nave norte. Como elemento singular realizarase un foso para adestramentos ao este da nave central.

As obras inclúen o saneado das fachadas con SATE de cor branca, cun zócalo de granito silvestre abuxardado na parte inferior das fachadas para integralo co terreo.

Ademais, “tendo en conta a proximidade ao mar e para reducir riscos de inundación das instalacións, as obras incluirán subir o nivel interior do inmóbel cunha soleira e aproveitar ese oco para incluír as instalacións de saneamento”, sinalaron fontes do Concello.

Co fin de que o Club de Remo de Noia poida dispoñer dunhas instalacións o máis versátiles posíbel, a distribución interior acometerase cun sistema de “tabiquería lixeira”. Ademais contémplase o pintado de paredes e teitos de toda a construción, coa excepción dos recintos das dichas, que se alicatarán con plaquetas cerámicas. Finalmente, ademais dun novo alumeado, tanto a nave central como a nave sur, que están destinadas aos hangares das embarcacións, contarán cun pavimento de formigón armado semipulido; mentres que a nave norte, de acceso aos vestiarios, contará cun pavimento de plaquetas cerámicas antideslizantes.

Outros artigos

Rescate dunha persoa no Malecón de San Lázaro, en Noia

Os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro foron alertados ás 20:30 horas da tarde deste domingo 21 de abril, da caída dunha persoa ao río, no Malecón de San Lázaro, concello de Noia. Na súa chegada, participaron na intervención realizando tarefas de salvamento para o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...