O Concello de Lousame inviste case 40.000 € no pavimentado de catro viarios en Gandarela

16 Marzo 2023

O Concello de Lousame vén de pavimentar catro viarios na aldea vella de Gandarela, nos que investiu 38.023 euros. Trátase, en palabras da alcaldesa, Teresa Villaverde, “dunha das pequenas actuacións que estamos acometendo por todo o municipio para ir mellorando pouco a pouco a accesibilidade e o interior das nosas aldeas, como as que se fixeron en Vilar ou como as que se van facer en Burzó ou en Pousada”.

No caso de Gandarela, a actuación realizada esta semana permitiu mellorar catro viarios de acceso á localidade, que suman un total de 240 metros de lonxitude e cun ancho común de catro metros, con cinco centímetros de saburra e quince de formigón, intercalando franxas de lastras (adoquíns). A maiores, mellorouse con aglomerado en quente un treito de 90 metros de longo por 5 de ancho.

As obras foron acometidas pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL foron adxudicadas por 38.023 euros o pasado 24 de febreiro. Uns traballos incluídos no Plan Complementario do POS+2022, que tamén inclúe a mellora dos accesos a Camboño (67.467,31 euros), Burzó e costa da Escabia (48.399,73 euros) e Baudeles (30.000 euros).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.