O Concello de Boiro vai renovar a cuberta do Pavillón da Cachada para corrixir de xeito definitivo as filtracións

22 Marzo 2023

O Concello de Boiro vai levar a cabo obras para a construción dunha cuberta no Pavillón Polideportivo da Cachada. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, falaron este mércores máis polo miúdo das actuacións. Segundo fixeron saber, o obxectivo deste proxecto é “realizar unha estrutura metálica para a cuberta do pavillón con obxectivo de achegarlle unha maior pendente e realizar unha cuberta a dúas augas”. A cuberta actual, sinalaron, é “totalmente plana”, o que “xera numerosos problemas de filtracións de auga na época de choivas e que se foron corrixindo de maneira puntual”.

Tamén engadiron que a nova estrutura instalarase por riba da existente, polo que non se precisa o peche das instalacións para a súa execución. “Trátase dunha obra moi importante para a actividade deportiva que se realiza na instalación. A teitume tivo moitos problemas de humidades nos últimos 20 anos que se foron mitigando con pequenas actuacións”, recoñeceu a concelleira de Deportes.

As obras, que ascenden a un importe de 172.702,09 euros financiados con fondos propios, foron adxudicadas a finais de 2022 e comezarán a executarse nas vindeiras semanas para non interceder na actividade deportiva e competicións que se viñan celebrando nas instalacións.

“Estamos levando a cabo unha planificación de actuacións co obxectivo de renovar integramente a instalación e imos seguir traballando para ter unhas instalacións acorde coa actividade deportiva dos boirenses”, afirmou o alcalde, lembrando que no pavillón veñen de realizarse obras de mantemento e de mellora integral e tamén de renovación dos vestiarios, quedando pendentes as actuacións para a ampliación do complexo e as gradas da piscina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.