O Concello de Boiro finaliza as obras de urbanización da rúa Pesqueira en Cabo de Cruz

16 Marzo 2023

O Concello de Boiro informou do remate das obras destinadas a completar a urbanización da rúa Pesqueira en Cabo de Cruz, unhas actuacións que forman parte do proxecto de urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira e que se leva a cabo mediante o financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único (POS+2022) por importe de 98.555,73 euros.

O alcalde, José Ramón Romero, acompañado do tenente de alcalde, Luis Ruíz, e a concelleira María Outeiral visitou a rúa Pesqueira para coñecer o resultado final da execución das actuacións. As obras consistiron na execución dunha nova rede de recollida de pluviais que se completaron coa execución dun pavimento de lastros de granito e lousas de pedra.

O alcalde, José Ramón Romero, mostrouse moi satisfeito co resultado final das actuacións que “supoñen unha gran mellora neste núcleo que da servizo aos veciños da zona e tamén aos comercios locais que se atopan nesta zona de Cabo de Cruz”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.