O Concello de Boiro e os centros educativos reforzan o proxecto de igualdade e convivencia En(clave)

03 Marzo 2023

A concelleira de Educación, María Outeiral, mantivo unha xuntanza co persoal directivo dos centros de ensino para avaliar e planificar as accións englobadas no proxecto En(clave). Na xuntanza participou o persoal técnico do departamento municipal de Educación, e tamén o persoal directivo dos centros de primaria educativos do municipio e o persoal que vai levar a cabo as actividades.

O obxectivo da xuntanza foi avaliar as distintas liñas do proxecto En(clave) que se estiveron xa realizando durante este curso para coñecer como estiveron funcionando nos distintos centros e tamén propoñer melloras de cara a un novo programa. “Queremos escoitar a opinión dos centros porque este programa debe axustarse ás necesidades reais dos rapaces e rapazas e son os equipos docentes e directivos os que mellor as coñecen”, afirmou a concelleira de Educación, María Outeiral.

Na xuntanza explicouse tamén ao persoal dos centros educativos como se van executar os obradoiros que fican pendentes do programa como son o de saúde bucodental, nutrición, screening visual e o taller de emocións, actividades que van a comezar nas vindeiras semanas. No marco de En(clave) celebraranse tamén unhas obras de teatro e unha mesa de debate sobre acoso escolar.

O proxecto En(clave) nace no curso 2021/2022 como resposta á necesidade dos centros educativos de traballar sobre accións relacionadas coa igualdade de xénero, a saúde mental ou a convivencia para impulsar un cambio de valores, roles e estereotipos. Este proxecto engloba tres grandes áreas de traballo: igualdade e sensibilización social, educación e prevención, saúde e benestar.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.