O Concello de Boiro celebra o Día da Muller cun roteiro e a lectura dun manifesto colectivo

06 Marzo 2023


O Concello de Boiro compartiu a súa axenda de actividades para conmemorar este mércores 8 de marzo, o Día da Muller. Entre as accións programadas están un roteiro da memoria por Cimadevila e a lectura dun manifesto colectivo.

Ás 11.00 horas sairase da praza de Galicia para realizar un paseo polo barrio de Cimadevila e, a través do mural titulado Senlleiras de Cimadevila, lembrarase a memoria de Isabel Maestre, Lola a da Cueva, Ermitas do Sindicato, Carmen de Adolcar e Maruja de Fontán, cinco mulleres con historias particulares e comúns (todas elas adicáronse a traballar no sector téxtil) que as converteron, ante todo e para sempre, en mulleres singulares.

Ás 12.00 horas celebrarase a lectura colectiva dun manifesto na praza de Galicia a cargo das asosiacións-organizacións Ambar, Amicos e Cruz Vermella, que rematará co acompañamento musical de Rut García. En caso de choiva realizarase no hall da Casa Consistorial.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión