O Concello da Pobra desenvolve traballos de mantemento no Museo Valle-Inclán por un importe que supera os 5.000 euros anuais

06 Marzo 2023

O Concello da Pobra comezou a semana poñendo en valor os importantes recursos que se mobilizan cada ano para preservar unha das grandes xoias patrimoniais da vila: o Museo Valle-Inclán.

Así, tralas inclemencias meteorolóxicas do outono e do inverno, a torre de Bermúdez, sede do dito museo, foi obxecto dunha serie de tarefas de mantemento no granito e madeirames, segundo explicou este luns 6 de marzo a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

O Concello executou unha intervención no paramento perimetral da parte baixa do edificio para a eliminación da colonización biolóxica. Unha empresa especializada realizou a limpeza de xeito manual co material idóneo para a retirada da vexetación sen danar a pedra. Deseguido, aplicouse un biocida como tratamento preventivo, tanto nas paredes coma no chan, para atrasar o florecemento de liques ou musgos.

A maiores, actuouse nos sollados de granito da contorna, así como no chan e escaleiras do patín.

Doutra banda, procedeuse co cambio de cinco fiestras de madeira que presentaban unha deterioración e aplicóuselles vernices para o exterior.

O investimento total supera os 5.000 euros.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.