O Centro de Día de Boiro conmemora esta semana con obradoiros, encontros e música os seus 15 anos de andaina

06 Marzo 2023

Este mes de febreiro de 2023 o Centro de Día de Boiro estivo de celebración: cumpríronse 15 anos da súa posta en marcha. Xa que daquela o aniversario coincidía coas celebracións da programación de Entroido, a dirección do centro tomou a decisión a adiar as actividades conmemorativas para a segunda semana de marzo, a que vén de comezar. A axenda, que inclúe un encontro interxeracional, obradoiros de xogos, debates e unha gran festa final de celebración (o xoves, con música tradicional a cargo de O Son do Pote) vén coa seguinte listaxe de propostas:

– Luns, 6 de marzo de 2023: Encontro interxeracional no Centro de Día, ás 11:30 horas, con alumnado de 5º de primaria do CEIP Santa Baia de Boiro. Realizarase un obradoiro de xogos tradicionais.

– Martes, 7 de marzo de 2023: Encontro interxeracional no Centro de Día, ás 11:30 horas, con outra aula de 5º de primaria do CEIP Santa Baia de Boiro. Realización dun obradoiro para tratar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) e plasmalos nun mural que as persoas usuarias do centro de día acudirán a visitar nun segundo encontro co alumnado, que xa se realizaría no CEIP Santa Baia.

– Xoves, 9 de marzo de 2023: Festa de celebración do 15º aniversario do centro, ás 11:30 horas, no Centro de Día de Boiro. Contarase coa actuación dun grupo de música tradicional, Ó Son do Pote.

A banda O Son do Pote actuará na festa grande deste xoves

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.