O BNG presenta este sábado na nova Lonxa o “equipo para gobernar Ribeira”

21 Marzo 2023

O BNG ribeirense dará a coñecer esta semana a candidatura coa que, en palabras do grupo, “liderará o futuro goberno ribeirense”. A cita será este sábado 25 de marzo, ás 19:30h na nova Lonxa de Ribeira.

A equipa responsábel do BNG de Ribeira xunto coa parlamentaria pobrense Rosana Pérez, á dereita

O responsábel local do BNG, Xabier Vidal, argumenta que “vai haber sorpresas, porque son persoas que lle queren a Ribeira e teñen capacidade para xestionar o reto apaixonante de transformar en positivo este concello”. Vidal Peón destaca que incorporan persoas independentes que coñecen perfectamente as necesidades da veciñanza.

“O BNG ten os deberes feitos e presenta un equipo co que vai a por todas, con humildade pero coa máxima ambición para darlle a este concello un futuro mellor” concluíu.

O acto público no que se presentarán publicamente as persoas que integran a candidatura nacionalista, contará coa participación da portavoz do BNG na Pobra Amparo Cerecedo, coa deputada do BNG Rosana Pérez e coa intervención do candidato á alcaldía Luís Pérez Barral. Ao remate haberá un pequeno ágape.

Luís Pérez Barral, concelleiro do BNG en Ribeira e candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.