O BNG pide ao Goberno local de Ribeira “implicación para dotar a Corrubedo de médico a tempo completo”

23 Marzo 2023

O BNG segue mantendo o seu apoio incondicional á veciñanza de Corrubedo, nas súas reclamacións para conseguir atención médica a tempo completo no seu centro de saúde, situado na Casa do Mar. Este xoves 23 de marzo os concelleiros do BNG Luís Pérez e Cruz Rivadulla instaron ao Goberno local a “implicarse para resolver o colapso e a precarización do sistema público de saúde en Corrubedo e tamén en Ribeira”.

Desde a formación critican que o Goberno local “estea desaparecido e calado ante a falta de profesionais médicos en Corrubedo e Ribeira”. E engaden: “Está claro que mentiron cando dixeron que solucionarían a falta de médico porque o único que fixeron foi estar de brazos cruzados mentres a atención sanitaria se deteriora máis con cada día que pasa”.

Porén, esgrimen que o modelo dos nacionalistas pasa por “dotar a Atención Primaria do persoal sanitario suficiente: persoal médico, de enfermería e de servizos”, de aí que agrupación recolla un plan “reter e captar profesionais, con condicións atractivas para as formadas aquí e para que retornen as que marcharon fóra”. Tamén se propón blindar por lei o financiamento necesario da atención primaria para que reciba, cando menos, o 25% do total dos recursos destinados á sanidade, “como recomenda a OMS, fronte ao actual 11,6% que sitúa a Galiza por debaixo da media”, explican.

E conclúe o portavoz do grupo den Ribeira, Luís Pérez Barral: “Desde o BNG propoñemos unha atención primaria atenta ás necesidades da poboación, defendendo un sistema sanitario público e forte que nos iguale ante a enfermidade, porque non pode seguir quedando atrás no coidado da xente, precisamos unha sanidade pública libre de recortes e privatizacións, que lle achegue á veciñanza a certeza, a tranquilidade e a confianza de que van ser coidados como se merecen ante a enfermidade”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...