O Auditorio de Rianxo vai acoller nesta recta final de marzo unha serie de actividades audiovisuais para honrar a figura do sobranceiro poeta local Manuel Antonio. O programa concentrarase os días 24 e 25, venres e sábado.

Venres 24, 20.30 h: exhibición do documental O aparecido, documental de J.A. Jiménez e F. Naveira, seguido dun coloquio. O aparecido ten como base a curtametraxe de ficción realizada no ano 1981 sobre a figura do poeta Manuel Antonio.
Sábado 25, 20.30 h: exhibición da curtametraxe Manuel Antonio, seguido dun recital poético. A curtametraxe de ficción, realizada no ano 1981, feita en súper 8, foi promovida polo movemento artístico teatral deses anos na cidade da Coruña, no que interveñen como actores Santiago Prego, Víctor Mosqueira e Francisco Jorquera, entre outros…
Trátase dunha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Rianxo.
A entrada é de balde ata completar capacidade. A recollida de convites poderá facerse dende unha hora antes do comezo do espectáculo.