O alumnado do Obradoiro de Emprego e as Brigadas de Xardíns de Noia acondiciona o exterior da antiga fábrica da Chaínza

31 Marzo 2023

O alumnado do Obradoiro de Emprego Noia-Lousame-Outes vén de acometer traballos de roza, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas na contorna da antiga fábrica da Chaínza. En palabras do alcalde noiés Santiago Freire foi “unha actuación que, coa colaboración da Brigada de Xardíns de Noia, permitiu acondicionar e poñer en valor a contorna deste conxunto patrimonial no que prevemos habilitar un albergue, un centro de día e un centro de interpretación”.

O primeiro edil noiés salientou tamén os avances que se están a producir nestes proxectos e que se verán culminados ao longo das próximas semanas. “Unha das naves converterase nun albergue turístico, un proxecto que está a piques de saír a licitación e que suporá un investimento de 479.000 euros, dos cales 350.000 euros son achegados pola Consellería de Medio Ambiente e os 179.000 restantes serán aportado a través de AGADER e dunha achega municipal”, adianta Freire Abeijón.

O alcalde indicou tamén que a habilitación deste albergue de peregrinos “é unha forma de complementar a oferta turística de Noia, sobre todo co protagonismo que está a adquirir o Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, que cada ano que pasa incrementa o número de visitantes e fan necesario contar cunha instalación coma esta”.

Segundo concretou, o albergue contará con dous andares, de 130 metros cadrados cada un, que contará cada unha cunha zona común, baños e duchas, así como oito dormitorios con liteiras (tres na planta baixa e cinco na alta). Así mesmo, disporá de zona de lavandería, máquinas de vending, acceso para bicicletas, espazo de lavado exterior, Wi-Fi e conexión coa oficina de información turística.

Avances co centro de día

Santiago Freire tamén destacou os avances na tramitación do centro de día, que se instalaría no edificio principal da Chaínza. “Temos respondido aos requirimentos da Consellería de Política Social e agora pretendemos ir xestionando vías de financiamento, pois suporá un investimento de máis de 1,3 millóns de euros, aos que hai que engadir outros 180.000 euros para equipamento”, apunta o alcalde de Noia.

O centro de día noiés dará servizo a un total de 60 usuarios, así como a outros 15 pacientes con alzhéimer. Ocupará unha superficie de máis de 800 metros cadrados, distribuídos en dous andares e incluiría todos os servizos precisos: comedor, sala polivalente para actividades, consulta médica, sala de rehabilitación, así como despachos para psicólogo e asistente social.

O alcalde de Noia salientou tamén que “a parcela dispón dunha zona para habilitar un amplo estacionamento para dar servizo a albergue e centro día, así como amplas áreas para que os maiores poidan desfrutar ao aire libre. Trátase dunha zona que conecta coa senda litoral, o que mesmo lles permitiría facer un percorrido de case sete quilómetros pola fachada marítima”. Ademais, lembra que esta zona está incluída dentro do Plan de Sostibilidade Turística, o que permitirá recuperar e poñer en valor toda esta contorna.

Finalmente, o Concello continúa traballando tamén para acondicionar outros dos inmóbeis o complexo industrial da Chaínza nun centro de interpretación cun dobre obxectivo: poñer en valor a profesión de curtidores/as e darlle un novo uso a estas instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...