O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado a nova Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira e dispón o trámite correspondente para a súa entrada en vigor tras a aprobación definitiva nas Cortes-A nova normativa ten como obxectivos afortalar a conservación e uso sustentable dos recursos pesqueiros, procurar que a actividade contribúa á creación de emprego, xeración de riqueza e a cohesión social das zonas costeiras, e reforzar o vínculo entre a ciencia e a acción política nesta materia.
Para o ministro de Pesca, Luis Planas, esta lei garante un aproveitamento ótimo e sustentable dos recursos pesqueiros e a rendibilidade da frota española (a máis numerosa de toda a Unión Europea). Supón, asimesmo, un avance social importante ao introducir coeficientes redutores para a idade de xubilación en actividades pesqueiras de risco para a saúde desempeñadas maioritariamente por mulleres en traballos como os das mariscadoras a pé, redeiras, neskatillas (traballadoras cuxa actividade se desenvolve principalmente nos portos bascos de Bermeo, Lekeitio e Ondárroa) e empacadoras (mulleres que pesan as ca0069as de peixe unha a unha, as clasifican e mudan o xeo, deixándoas preparadas para a venda).
A nova lei significa asimesmo a actualización da Lei de Pesca Marítima do Estado promulgada en 2001 e que xa estaba desfasada, potencia as medidas de proteción e rexeración dos recursos pesqueiros e regula aspectos determinantes como a declaración de zonas de protección pesqueira ou a actividade nos espazos marios protexidos.
A Lei ten como eixo transversa o principio de solidaiedade nunha triplo perspectiva: ambiental, social e económica. No marco do denominado Pacto Verde Europeo, esta reforma tenta garantir un equilibrio entre a necesaria conservación do medio mariño e o desenvolvemento dunha actividade pesqueira rendible, atractiva para o desenvolvemento empresarial e que teña presente a remuda xeracional para consolidar un sector moderno e competitivo. Introduce medidas tendentes ao afortalamento da conservación e uso sostible dos recursos pesqueiros como a limitación do volume de capturas ou a regulación do esforzo pesqueiro, das artes e aparellos empregados, do peso ou tamén das especies ou estabelecemento de vedas, sempre da man do sector e coa millor información científica dispoñible. Aposta por unha información con novos criterios para unha millor planificación que redunde na rendibilidade do sector, introducindo a posibilidade de que, cando estas non foran utilizadas durante un período de tempo determinado, ,podan ser redistribuidas pola Secretaría Xeral de Pesca nos demáis usuarios. Unha lei que, en definitiva, tamén regula a pesca de recreo por primeira vez, e a xestión dos recursos xenéticos. Crea asimesmo o Foro da Pesca, órgano de consulta, colaboración e seguemento.