Noia rendeu homenaxe ao loitador e formador Tono Da Silva

20 Marzo 2023

Este sábado o Coliseo Noela de Noia acollía unha homenaxe a un dos referentes locais do deporte de contacto, Tono Da Silva, falecido o pasado mes de outubro. No transcurso da actividade presentouse o vídeo-clip do artista noiés Narci Rodríguez, un audiovisual que rende tributo a Tono e ao seu importante legado e que se complementou coa proxección do documental Campións, do tamén noiés Miguel Barreiro, no que se debullan as traxectorias de deportistas locais reflectindo de primeira man, e en primeira persoa, as súas vivencias.

As homenaxes a Tono Da Silva non remataron, xa que este venres 25 de marzo está prevista a celebración dunha velada de boxeo en formato de memorial, cuxas entradas aínda están á venda.

Antonio Da Silva Díez (Noia, 1971) foi un dos maiores e máis reputados mestres de full contact do territorio galego, artífice do impulso e do prestixio do Club de Lucha Noia, previa formación no Ximnasio Muíños na compaña de Moisés Hermo e Santiago Rodríguez, con quen deu a forma ao Club de Lucha. Máis tarde Tono e Santiago tamén impulsaron o SKT. Unha doenza cardíaca puido con el en outubro de 2022, doenza que xa arrastraba dende os 24 anos, cando sufriu o seu primeiro infarto (o que lle obrigou a deixar as competicións e a centrarse na formación).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.