Noia homenaxeou ás mulleres do ensino no marco deste 8-M

09 Marzo 2023

O Concello de Noia celebrou con diversas actividades a conmemoración deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Na tarde deste mércores desenvolveuse no Coliseo Noela unha actividade de homenaxe a algunhas das mulleres que se dedicaron ao ensino na vila noiesa. “Foi un acto no que se recoñeceu o seu importante labor no eido da ensinanza”, lembraron dende o Concello a respecto dunha cita conmemorativa na que todas as persoas asistentes puideron gozar das interpretacións musicais de Inés Carreño, previa lectura da declaración institucional do 8 de marzo.

As actividades do Coliseo Noela foron organizadas pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración co Centro de Información da Muller (CIM) de Noia, ao abeiro do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

Previamente foi lanzada nas redes sociais do Concello unha mensaxe na que se convidaba deste xeito a facer fronte común contra a discriminación: “A igualdade de xénero é unha loita de todos, homes e mulleres. É reponsabilidade de todos. Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller”.

Outros artigos

O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado. En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que...

+

Noia rende homenaxe a Sebastián Paz Suárez

O Coliseo Noela de Noia acolleu este domingo 4 de outubro ao mediodía o acto de homenaxe de pobo e do Concello de Noia ao escritor, músico, activista cultural, profesor e investigador Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943). No acto participaron arredor de 300 veciños,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos” – José Manuel Pena

“Desaloxos” – José Manuel Pena

A quen beneficia os desaloxos de familias vulnerables, sen alternativa habitacional? Grazas a algúns partidos da dereita política e económica os lanzamentos de vivendas habituais continúan con total alegría e desamparo xudicial. O negocio da vivenda continúa con total...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.