Noia habilitará un pump track a partir do 31 de marzo no Parque de San Lázaro

15 Marzo 2023

A Concellería de Deportes do Concello de Noia que dirixe Laura Salgado vai habilitar os días vindeiros un circuíto pump track no Parque de San Lázaro de Noia. O equipamento deportivo estará instalado dende o 31 de marzo até o 11 de abril, a disposición das seareiras e dos seareiros dos deportes urbanos nas modalidades (principalmente) de bici, scooter, patíns ou skate.

O sábado 1 de abril, na misma pista, terá lugar a Pump Track 2023 Speed Ring Contest, organizada por Vella Escola. Trátase dunha competición de velocidade contrarreloxo para varias modalidades: BMX, Scooter, Skate e Roller. Poderán participar persoas de todas as idades. Máis información e inscricións na web da Vella Escola.

Pump track

O pump track é unha modalidade deportiva que ten as súas orixes na práctica coñecida como BMX, que é un tipo de ciclismo vencellado ás acrobacias e que se practica co tipo de bicicleta de bicicleta que leva o mesmo nome (con rodas de 20 polgadas de diámetro). As primeiras pistas construíronse en Australia e Estados Unidos no ano 2000. Desde entón continuou a súa expansión por todo o mundo.

Un pump track é tamén un circuíto, xeralmente de pequenas dimensións, o cal se pode percorrer completamente cun monopatín ou cunha bicicleta, vehículos que tiran proveito da inercia proporcionada polos saltos ou peraltes do propio circuíto.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.