“Mentira e verdade”. Luís Celeiro

16 Marzo 2023

A mentira, a que vén? A quen beneficia e a quen prexudica? Os que entenden e non son mentireiros responden clara e abertamente: a ninguén. E un dos que máis perde é o mentireiro, aquel trouleiro que vai falando e presentando feitos como verdadeiros sabendo que non o son ou aqueloutro que manifesta o contrario do que pensa e sente. Pero esténdese a mentira, como as herbas malas no labradío, nesas terras de cultivo e nos lameiros de xunto da casa.
Envólvense as mentiras e fan bola como se fosen neve, xúntanse e abarcan eidos diferentes, achéganse á Academia, flúen pola política e acaparan as conversas das tabernas, dos faladoiros, dos clubs de ocio e deportivos. Son mentira e, incluso, hai mentiras oficias e mentiras piadosas. Algúns, con certa ironía, din que a estatística tamén é mentira e moitos cren e insisten en que as enquisas son mentira. Quen o diría!
Iso de que se converte en verdade unha mentira repetida mil veces é falso, segue sendo mentira. Os expertos en detectar a veracidade do dito e declarado sábeno ben. Tamén nas denuncias hai mentira. Un estudo científico demostra que algo máis do cincuenta por cento das denuncias testadas foron falsas. Denuncias falsas, si señor! Unha enorme mentira para recuperar os datos do teléfono móbil ou para evadir responsabilidades nalgunha disputa na rúa do barrio ou, mesmamente, familiar.
Un psicólogo social estadounidense, Leon Festinger, mantiña a teoría baseada no feito de que “o ser humano é consciente das súas accións e sempre que fai algo co que non está de acordo, necesita paliar a disonancia xerada”. Segundo o experimentado científico pódese conseguir con algunha ou coas tres aplicación seguintes: Cambiar coherentemente actitudes, adquirir información nova que reduza a disonancia e/ou reducir a importancia das crenzas, diso no que cada quen e, mesmamente, o pobo enteiro cre.
Respecto a esta cuestión, a Tía Manuela non se cansa de repetir, “andade sempre coa verdade, para ir coa cabeza erguida a todas partes”. Os que poidan, que tomen nota. Desa maneira non sería necesario o VeriPol, ese polígrafo de intelixencia artificial que acompaña aos buscadores da verdade, aínda que sexa para ocultala, con calquera dos métodos que teñan ao seu alcance.
O VeriPol é unha ferramenta que, utilizando técnicas de procesamento da linguaxe natural na análise das denuncias, indica se nelas hai ou non mentira, se hai falsidade ou se, pola contra, están baseadas na verdade. Así, pois, poderase falar con seguridade de mentira e verdade e interpretar o valor da linguaxe e de cada unha das palabras.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.