Mais de 339.000 euros para a renovación da cuberta, as fiestras e marquesiña do IES Virxe do Mar de Noia

29 Marzo 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o IES Virxe do Mar, para anunciar un investimento de máis de 339.000 euros para levar a cabo a renovación da cuberta, das fiestras e da cubrición da marquesiña que conecta os dous edificios.
O representante do Goberno autonómico puntualizou que con este tipo de actuacións o Goberno autonómico está a traballar para transformar e adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais “facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”.  Neste senso, engadiu que, “dende a Xunta seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.
Con respecto á obra prevista consistirá na aplicación dun morteiro de cal na fachada leste que protexa os muros dos axentes atmosféricos ademais da aplicación dun revogo de cal hidráulico nas zonas deterioradas dos zócalos de morteiro. Procederase a eliminar a pintura existente nas restantes fachadas aplicando posteriormente unha pintura ao silicato.
Está prevista tamén a substitución das xanelas de aluminio por unhas novas de madeira laminada de castiñeiro con sistema de apertura oscilobatiente.
Na cuberta está prevista á protección do remate do frontón da fachada principal con ferro de chumbo para evitar a filtración de auga a través das xuntas dos perpiaños cara ao interior do edificio. O proxecto tamén contempla a substitución de material de cubrición da marquesiña que conecta as dúas edificacións do complexo Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Tal e como sinalou o representante do Goberno autónomico, estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas, con espazos funcionais, amplos e flexibles, mobiliario con rodas, etc. Dotado cun orzamento de 191M€, a través deste plan prevese renovar catro de cada 10 centros educativos. Esta actuación conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

I

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.