Lucía Couto convértese co seu nomeamento como ofcial en prácticas na primeira muller “mando” das policías locais do Barbanza

15 Marzo 2023

A axente Lucía Couto Fernández vén de ser nomeada oficial da Policía Local do Concello de Ribeira en calidade de funcionaria en prácticas, o que a erixe como a primeira muller que ostenta un “mando” nos corpos de policía local da comarca do Barbanza.
Este nomeamento comezou a surtir efectos o pasado venres (así saíu publicado onte no BOP), día no que se incorporou á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), con sede na Estrada, para proceder a realizar o preceptivo curso selectivo de formación, de conformidade co artigo 56.1 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...