José Ramón Romero visita a sede da cooperativa Arreda no Viveiro de Empresas do Concello de Boiro

13 Marzo 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou na mañá deste 13 de mazo o Viveiro de Empresas do Concello para coñecer o traballo da cooperativa en xestión forestal Arreda, que naceu grazas á súa participación no Obradoiro de Emprego que promove a Administración local e que está instalada no dito centro municipal.

A cooperativa constituíuse a finais do ano 2022 a raíz da participación dos seus catro membros no Obradoiro de Emprego do curso 2021-2022 do Concello de Boiro. “Traballamos na comarca do Barbanza e realizarmos tarefas de roza manuais e mecánicas, eliminación de especies invasoras, podas, talas de fincas…“ afirmou Aitor Brañón, membro da entidade empresarial.

Durante a formación do Obradoiro, paralelamente á formación práctica e traballo de campo, o alumnado recibiu formación no ámbito do cooperativismo con Espazo Coop. Concretamente, “acadou nocións sobre as posibilidades de financiamento e axudas, como enfocar as ideas de negocio, como desenvolver a empresa e enfocala cara o mercado…”, comentou o concelleiro de Promoción Económica, Carlos Muñiz.

O Goberno local ten como un dos seus principais obxectivos a formación para o emprego. “Puxemos a funcionar este centro dende o primeiro momento e estamos a ver os resultados da actividade, que non so crea emprego senón tamén autoemprego. Estamos vendo que é necesario diversificar os sectores produtivos e que o forestal ten moito potencial na nosa zona”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.