“Hoxe, tamén Día da Muller” – Xulio Xiz

21 Marzo 2023

Hoxe, 21 de marzo, tamén é o Día que primeiro foi “Día da muller traballadora” e logo evolucionou a “Día da muller”. “Muller traballadora” é unha redundancia porque, traballadora por natureza, moitas veces o fai por partida dobre – na profesión e na casa – co que ten que esforzarse dobremente en tanto chega a igualdade no fogar.

Sabendo que a igualdade é carreira de fondo, moito se ten andado nesta consideración no tempo do que temos memoria, pero moito queda por camiñar, se ben as portas están abertas e, malia os atrancos, o único camiño posible é o que estamos a percorrer.

Porque o camiño certo é o da normalidade progresiva, o da igualdade na casa e no traballo, nos estudos e na familia, sendo erróneas tanto as estridencias trasnoitadas por defecto como algúns aceleróns políticos, feitos para a galería ou para rachar moldes sen considerar que é mellor a evolución que a revolución para convencer e facer os avances consistentes e duradeiros.

E o espectáculo no Congreso, para tentar solucionar o desastre da nova normativa contra as agresións ás mulleres, roza o esperpento co PSOE tentando reparar o dano, os responsables á contra, e os conservadores apoiando algo no que, no fondo, todos temos que concordar.

Hoxe – e mañá, e pasado… – é tamén o Día da Muller, non porque sexan a metade do mundo senón por ser puntais da sociedade e da familia; por superar aos homes en constancia, traballo e responsabilidade. Se ser feminista é considerar á muller igual ca o home; auténtico sexo forte, exemplo de vida, quen non sexa feminista carece de “sentidiño”; que en nós é a quinta esencia do “sentido común”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.