Homenaxeados 162 profesionais da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza que se xubilaron no ano 2022

03 Marzo 2023
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, intervirá no acto de homenaxe aos traballadores xubilados da área sanitaria no ano 2022. foto xoán crespo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu hoxe ao acto de homenaxe aos xubilados da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, no que estivo acompañado pola xerente, Eloina Núñez. Na súa intervención, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego agradeceu aos 162 profesionais que se xubilan o seu traballo “á hora de coidar da saúde dos demais, e exemplificando que a sanidade pública galega ten no seu persoal o seu capital máis importante”.

Comesaña destacou que “a sanidade é un dos bens máis prezados que temos, e en Galicia representa case o 40 % dos fondos de toda a Xunta”. En concreto, “na área sanitaria manéxase unha partida de máis de 700 millóns de euros”. Os 159 profesionais que se xubilan, e por desgraza os que xa non están con nós, “sodes os principais responsables de que todo este investimento collese sentido para a mellora continua da atención sanitaria desta área”.

Fitos dos últimos anos

O conselleiro destacou, de todos estes anos, diversos fitos no campo da sanidade deste área, como ser referencia en seis patoloxías, das que citou como exemplos os trastornos do movemento, a esclerose múltiple ou a epilepsia refractaria. “E cóntase con servizos tan punteiros como a unidade de diagnóstico e tratamento de enfermidades metabólicas conxénitas ou o servizo de Cardioloxía, que foi pioneiro na posta en marcha da e-interconsulta”.

Neste tempo, tamén celebrouse o 25 aniversario do Hospital de Barbanza, “un centro excelente que achega cada vez máis servizos aos veciños desa comarca, como a nova unidade de rehabilitación cardíaca”, e que conseguiu fitos como ser o primeiro servizo de Diálise en España en obter a certificación UNE en xestión de riscos e seguridade do paciente.

“Serán outros os que vexan rematada a ampliación do Clínico ou o novo Centro de Protonterapia e serán novos profesionais os que estreen a nova área de hospitalización de Barbanza, pero poderán facelo porque antes estivestes vós, demostrando que co voso traballo pagaba a pena investir e incrementar os servizos e as prestación sanitarias nestes centros porque o persoal desta área sempre responde ante os novos retos”, -remarcou Comesaña-.

Tamén destacou o conselleiro, o proceso exemplar de vacinación masiva realizado no Gaiás e as melloras no ámbito da atención primaria, como o centro de saúde da Estrada, nomeado o mellor de España, “o que reflicte que esta área tamén é unha referencia no primeiro nivel asistencial”.

En materia tecnolóxica, Comesaña destacou a introdución da tecnoloxía de cirurxía robótica, da man dos Da Vinci, ou a posta en marcha do equipo de ultrasóns focalizado, HI-FU, unha auténtica revolución para tratar o tremor esencial ou o párkinson.

“Todas estas melloras serían en van se non contásemos cun persoal de extraordinaria valía profesional e humana”, -concluíu o conselleiro-.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, intervirá no acto de homenaxe aos traballadores xubilados da área sanitaria no ano 2022. foto xoán crespo

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.