Representantes dos diferentes departamentos que traballan na área sanitaria de Santiago e Barbanza mantiveron un encontro interno para conmemorar o terceiro aniversario da declaración do estado de alarma pola pandemia derivada do coronavirus.
Unha reunión na que puideron expoñer ante os seus compañeiros os medos, as vivencias e mesmo as anécdotas ás que tiveron que facer fronte ao longo destes tres anos ante a aparición dunha enfermidade para a que non había cura e sobre a que nun principio había un gran descoñecemento.
Os participantes lembraron os momentos de incerteza, o temor para contaxiar ás súas familias ao volver a casa e como en numerosas ocasións tiveron que desempeñar o papel de acompañantes dos afectados ante obrigada a ausencia dos seus achegados nos hospitais.




