Fabiola García anuncia a concesión de 1,2 millóns de euros a Amicos para ampliar as prazas da súa residencia nun 70%

27 Marzo 2023

A Xunta de Galicia anunciou en Boiro a concesión de 1,2 millóns de euros á asociación da nosa comarca Amicos para ampliar a capacidade da súa residencia nun 70%, coa creación de 25 novas prazas. O anuncio foi dado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que visitou este luns 27 de marzo a sede de Amicos en Boiro, que na actualidade conta con 37 prazas e que coa ampliación acadará as 62, asentándose deste xeito como un servizo de referencia para as familia do Barbanza, da ría de Arousa e doutras poboacións próximas.

Esta achega económica outorgada a Amicos enmárcase na orde de axudas posta en marcha polo Executivo autonómico para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, que está dotada de 13 millóns de euros.

Esta convocatoria de axudas permitirá que dez entidades sociais de Galicia, como é o caso de Amicos, melloren os seus servizos ou creen outros novos, segundo fixo saber a conselleira, salientando o apoio da Xunta ao tecido asociativo que traballa no ámbito da atención á discapacidade, con axudas directas a través da orde do IRPF que este ano conta con 19 millóns de euros; con máis prazas públicas financiadas nos seus centros; cunha achega específica de 3,4 millóns de euros para a actualización dos salarios do seu persoal ou coa nova liña de subvencións para a compra de vehículos adaptados, da que tamén se beneficia Amicos con 65.000 euros para a adquisición de dúas unidades.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...