Estrella Franco, presidenta da Asociación de Xubilados de Corrubedo, foi presentada onte pola noite na
casa do mar da localidade como candidata a concelleira do Partido Popular por esta parroquia ás eleccións municipais do 28 de maio.
A reunión congregou a un gran número de veciños e contou coa participación, ademais de Estrella Franco, do candidato á alcaldía Manuel Ruiz Rivas, acompañado de moitos dos membros do executivo actual.
Estrella Franco expresou a súa disposición a traballar para toda a veciñanza coa mesma motivación que á fronte do club de xubilados, en tanto que Ruiz Rivas tivo palabras de agradecemento por aceptar esta
proposta, ao igual que eloxiou a José Francisco Parente, presente no acto, polo seu labor desinteresado nestes catro anos.
Ademais, o candidato popular enumerou algunhas das obras que, pese aos atrancos e retrasos motivados pola pandemia, se efectuaron. Entre elas, a reforma do centro social, a pavimentación de Pedra do Pino, a
renovación do saneamento nas rúas Delicias e Dunas; a renovación de pluviais, saneamento e pavimentación nas rúas do Prado, Rocapellón e Campo da Agra; o novo aglomerado asfáltico na rúa Atalaia ; o reforzo da liña e pluviais e ampliación do saneamento na rúa Buenos Aires, a pavimentación e renovación de servizos na rúa Falcato; a retirada do antigo emisario do Cantón, a pavimentación camiños no entorno do Cemiterio Parroquial; a pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira ou o acondicionamento da praza de Teira que agora mesmo está en fase de execución pola brigada de obras.
Manuel Ruiz recordou tamén de que están aprobadas e pendentes de realización a ampliación da instalación deportiva de Saamil, a humanización entorno faro Corrubedo con cargo o Plan de Turismo, a
pavimentación e pluviais na travesía dos Pozos ou a ampliación e saneamento da rúa Buenos Aires, entre outras.




