Este luns arrinca en Boiro a Campaña do Día do Pai da ABE

10 Marzo 2023

A Asociación Boirense de Empresarios compartiu os detalles da súa Campaña do Día do Pai, unha iniciativa de comezo inminente (este luns 13) que ten como obxectivo “premiar a fidelidade dos clientes” e “promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada”. Desta volta, as persoas participantes que realicen as súas compras entre o 13 e o 19 de marzo e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularán o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo. “Durante todo o ano o cliente acumula o 10% do importe do tícket pero durante esta campaña será o 20%”, explicaron fontes da ABE, engadindo que “o puntos pódense trocar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth, cargadores sen fíos e moitos premios mais”.

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.

Negocios 10 e Día do Pai

A patronal engadiu que campaña tamén “pretende recordar aos clientes que poden utilizar os bonos ABE #negocios10 para mercar o seu agasallo do Día do Pai, xa que aforran 10€ por cada 50€ que invistan e, como poden usarse até o 15 de abril, a data do Día do Pai encaixa perfectamente”. Neste momento aínda quedan algúns dispoñíbeis, recordar que se venden na sede da ABE ata esgotar existencias. Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión