En Ribeira, tres propostas presentadas á licitación da conversión da Casa Gran Sol en Biblioteca Municipal

17 Marzo 2023

O Concello de Ribeira informa de que foron tres as propostas presentadas na licitación das obras de reforma e ampliación da Casa Gran Sol para convertela na nova Biblioteca Municipal: unha actuación que ten un prezo de licitación de 1.278.000 euros, IVE incluído, e que está financiada con cargo aos fondos de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo. O vindeiro luns 21 de marzo está prevista a reunión da mesa de contratación para proceder a apertura dos sobres A, correspondentes á documentación administrativa.

Conforme ao proxecto técnico, elaborado pola firma Oxil Arquitectura, proponse unha instalación que “vai permitir triplicar a superficie actual da biblioteca emprazada na rúa Manuel Lustres Rivas”, e que ostenta unha “forte aposta pola máxima eficiencia enerxética nas súas condicións ao tempo que estará perfectamente integrada na arquitectura da contorna”, explicou o Concello, engadindo que se busca incrementar a superficie dispoñíbel no edificio de dous andares dándolle unha planta máis e construíndo ás súas costas outro edificio de similar volume, estética e características. Ambos estarán unidos por un ascensor.

Ademais, na zona posterior do solar acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados ideado para a realización de actividades ao aire libre complementarios á biblioteca.

A Casa Gran Sol na actualidade, en plena rúa de Galicia de Ribeira

En canto aos fondos bibliográficos, situaranse principalmente nun espazo soterrado. Tamén disporá de sala infantil, sala de estudo, sala de informática, dúas salas de “silencio absoluto” e outros espazos. A superficie total de actuación será de 797 metros cadrados sobre unha parcela de 431 que, cómpre lembrar, foi adquirida polo Concello coa intención de efectuar esta intervención.

Por outra parte, na busca da máxima eficiencia enerxética váiselle dotar dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares fotovoltaicos e un alxibe de pluviais que permitirá recuperar e facer circular as augas grises.

Outros artigos

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...