En Ribeira, adxudicado o deseño e a instalación de dúas marquesiñas no Malecón de Ribeira

29 Marzo 2023

O Concello de Ribeira adxudicou este mércores 29 de marzo deseño e instalación de dúas marquesiñas singulares na avenida do Malecón. Concretamente, na rotonda que conflúe coa rúa Romero Ortiz e á altura da rúa Rosalía de Castro.

A empresa adxudicataria resultou Proxectos e Instalación de Material Urbano, S.L., comportando un investimento de 25.410 euros, IVE incluído.

Por outra parte, adxudicouse tamén, con carácter definitivo, a instalación dunha varanda separativa entre o Malecón e á zona portuaria. Estará feita de aceiro inoxidábel, formada por dúas seccións: unha de 200 metros de longo e 90 centímetros de altura no tramo comprendido entre Rosalía de Castro e a nova parada central de autobuses e a outra de 52,5 metros de longo e 50 centímetros de altura ata a rotonda na que desemboca Romero Ortiz, estrutura esta última na que se intercalarán pasos para acceder ao recheo de Portos.

Neste caso a actuación recaeu en Juan José Pacheco Revuelta (Talleres Birlongo) por un importe de 50.578 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.