Economistas reclaman a integración da ciencia económica na toma de decisións sobre o sector pesqueiro

08 Marzo 2023

Preto de corenta especialistas en Economía Pesqueira acaban de realizar unha exhaustiva revisión dos traballos publicados arredor da xestión dos recursos e as políticas que regulan o sector pesqueiro. “O planeta atópase nun momento crucial para garantir a sustentabilidade das pesquerías que alimentan a miles de millóns de persoas”, apunta o profesor da USC Sebastián Villasante, un dos asinantes do artigo que acaba de ver a luz en ICES Journal of Marine Science e no que se avalían os antecedentes, as necesidades actuais e as oportunidades de futuro. Villasante é membro do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS).

A devandita revisión forma parte da actividade que está a desenvolver o grupo de traballo de Economía do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES). Este equipo, de recente creación, afronta o reto de mostrar como se pode incorporar a investigación económica ao coñecemento científico xerado por este organismo. Deste xeito, o grupo achegará perspectivas integradas sobre os sistemas de pesca, que poden orientar o desenvolvemento de políticas e a toma de decisións de xestión para o uso sostible dos recursos mariños.

No texto, os e as asinantes explican que “aínda que a ciencia que guía a xestión pesqueira estivo en xeral dominada polas ciencias naturais, cada vez se recoñece máis que a xestión pesqueira significa esencialmente a xestión dos sistemas económicos”. Entre outros achados, a revisión “amosa claramente que a investigación económica pode facer importantes contribucións á ciencia e ao asesoramento do ICES, en liña cos obxectivos destacados no plan estratéxico da organización”.

Deste xeito, o texto destaca “as contribucións que a ciencia económica fixo á mellora das políticas pesqueiras nas últimas décadas, grazas ao desenvolvemento da investigación empírica e á obtención de series de datos máis precisas e robustas”, desenvolvendo modelos e métodos bioeconómicos que melloraron estas políticas. Ademais, sinalan, “quedou patente a necesidade de ter en conta obxectivos económicos, ecolóxicos e sociais na xestión da pesca para a sustentabilidade, como parte da xestión ecosistémica”.

Entre outros exemplos, destacan que “a maior dispoñibilidade de datos sobre custos e ingresos relacionados coas operacións pesqueiras en todas as rexións do ICES contribuíu a lograr importantes avances neste sentido”, ou “a incorporación de indicadores e análises económicos na elaboración de valoracións da situación socioecolóxica, como as Perspectivas Xerais do Ecosistema, Pesca e Acuicultura do ICES”.

Folla de ruta

A revisión deste grupo de traballo tamén fai recomendacións para o futuro. Así, o texto aconsella que a actividade debe centrarse en demostrar como “as investigacións, métodos, ferramentas e datos económicos relevantes poden incluírse no asesoramento sobre xestión pesqueira”.

Polo tanto, un reto clave para seguir desenvolvendo as contribucións económicas á ciencia e á toma de decisión na xestión pesqueira segue sendo a capacidade de apoiar a participación efectiva dos economistas, incluídos os que están a iniciar a súa carreira, no traballo de investigación habitual de organizacións como o ICES. Ademais, engaden, “a participación de economistas en grupos de colaboración que apoien os procesos de asesoramento e toma de decisións a múltiples escalas tamén pode ser unha característica clave que podería axudar a integrar a economía nestes procesos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...