• O xogador competirá na NCAA e estudará Administración e Dirección de Empresas en Estados Unidos
O colocador Diego Estrada, integrante do equipo xuvenil do Jealsa Boiro, xogará a próxima tempada en Lewis University, en Chicago (Illinois). O deportista competirá na División 1 da NCAA e compaxinará a súa actividade no voleibol cos estudos de Administración e Dirección de Empresas en Estados Unidos.
Diego Estrada incorporouse hai dúas tempadas ao Boiro Voleibol, cando tiña 15 anos, a través dun proxecto de intercambio con Porto Rico. Agora conseguiu unha bolsa completa para cursar
estudos universitarios nos Estados Unidos despois do verán.
Adrián Alves, adestrador de Diego Estrada, afirma que “o xogador tivo unha progresión moi grande nestas tempadas e o feito de que conseguise unha bolsa completa é un logro que se pode equiparar a proclamarse campión de España. Para nós é un orgullo que nos acompañara estes dous anos”.