Comezaron as obras para construír o skatepark de Fontán (Ribeira)

01 Marzo 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para a construción do novo Espazo Urbano Municipal na zona de Fontán, nas inmediacións do paseo do Touro e da Comisaría da Policía Nacional. A actuación está sendo executada pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L., comportando unha inversión de 142.420 euros, IVE incluído.

A nova infraestrutura está destinada a satisfacer “unha ampla demanda xuvenil”, segundo explicaron fontes do Consistorio, engadindo que contará cunha área de 432 metros de superficie no que practicar especialidades como skate, bmx, roller ou scooter.

O parque estará construído sobre unha base de formigón gunitado cunha zona de rúa e outra de rampla que estará integrada na paisaxe, “constituíndo ademais unha aposta por un urbanismo inclusivo”, engadiu o Concello, sinalando que disporá de diversos elementos que darán as delicias dos afeccionados aos deportes urbanos: pirámide, duna, hip, miniramp, corner, etc…

Completarán a intervención a colocación de papeleiras, bancos, aparcabicis e instalación das columnas e proxectores.

O proxecto foi redactado por Daniel Yábar, prestixioso arquitecto alacantino especializado neste tipo de instalacións, responsábel de actuacións como o Skatepark de Santa Lucía en Vitoria, a Skateplaza de Logroño, o Skatepark Parque de la Granja en Tenerife ou o Bowl Vía Hispanidad de Zaragoza.

A nova área deportiva emprazarase sobre unha parcela municipal de 480 metros cadrados situada en Fontán, a 200 metros do Paseo Marítimo do Touro e na contorna da nova Comisaría e do novo Punto de Encontro Familiar.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.