Comezan en Boiro as sesións de Espazo Familias para a mellora da comunicación familiar entre adultos e adolescentes

23 Marzo 2023

O Concello de Boiro colabora cos centros de ensino do municipio e a comunidade educativa nunha nova edición de Espazo Familias que deu comezo este mércores 22 de marzo coa primeira sesión no Centro Social da vila. As xornadas deste ano versan sobre a mellora da comunicación familiar.

As sesións deste ano buscan atender a demanda de dar voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes e están destinadas a nais, pais e titores, a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos e a adolescentes a partir de 13 anos con grupos diferenciados. Ademais as sesións contan con servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 7 anos.

Anabel Mosquera, pedagoga e formados experta en adicións, é quen conduce estes tempos de conversa para persoas adultas nos que poder compartir inquedanzas dúbidas e experiencias da crianza, de escoitar e facerse escoitar.

O Concello explicou que as sesións deste ano inclúen tamén “unha novidade”, que é a de proporcionar actividades paralelas para a rapazada que xiran en torno á comunicación familiar.

Jaime Bello, do proxecto Turbina, está a cargo das sesións de adolescentes a partir de 13 anos e a educadora social Alba Pérez a cargo das sesións con rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.

Este mércores foi a primeira sesión e están programadas dúas mais o mércores 12 e 26 de abril ás 18.00 horas no Centro Social de Boiro. Máis información sobre as xornadas na web de espazofamilias.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.