Boroa, o grupo de Ribeira, saca novo álbum O´ Clásico Fol

23 Marzo 2023

O grupo de Ribeira Boroa, vén de sacar novo traballo, O´ Clásico Fol, liderado por Sabela Olivares na gaita, piano, pandeireta e voz acompañada por Suso Bello á guitarra e voz e Alberto Millán ao baixo.

A banda, que tamén forma parte da Companhia do Ruído, trae desta volta un proxecto que ten como eixo central á gaita adaptada ás novas tecnoloxías destes tempos que corren.

Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegarnos harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime… Nesta viaxe con Boroa experimentaremos coa música contemporánea, o cinema, ou a potencia sonora e a velocidade da música bretoa e irlandesa.

Segundo informan dende a formación ribeirense, ao escoitar O` Clásico Fol atoparémonos co folk máis galego e coa formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...