Boiro financia a adquisición dun barco dragón para o Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro Boiro, 24 de marzo de 2023

24 Marzo 2023

O Concello de Boiro financia un barco dragón para o Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro para poder participar en competicións desta nova modalidade. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira, Dores Torrado, estiveron xunto con Sergio Pérez Treus e outros membros do club.
“Facemos unha gran aposta polos clubs deportivos do municipio co aumento das subvencións nominativas, a mellora de instalacións e o financiamento de equipamentos para a práctica deportiva como é o caso desta embarcación”, afirmou o alcalde. O barco dragón foi adquirido co financiamento
do Concello de Boiro mediante un convenio de colaboración correspondente ás subvencións nominativas do ano 2022.
O Club Piragüismo Rías Baixas participou xa nun campionato do mundo na modalidade de Dragon Boat e que se celebrou na localidade de Racice, na República Checa, unha proba na que acadaron dúas medallas de bronce. “Este ano podemos seguir fomentando o piragüismo no ámbito escolar, un proxecto do uso do barco dragón para persoas que pasaron o cancro de mama e tamén participar no campionato de España. O noso obxectivo de cara ao próximo ano é clasificarnos para o mundial desta modalidade”, afirmou Sergio Pérez.
O barco dragón permite achegar o deporte do piragüismo a persoas e colectivos con dificultades e tamén traer esta nova modalidade a Boiro.
“Colaboramos co Club de Piragüismo na adquisición de novo equipamento e cunha iniciativa que resulta dunha ampla traxectoria deportiva e implicación social”, afirmou a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

Un estudio realizado pola Fundación Santa María La Real, entidade sen ánimo de lucro,“privada e independente”, identifica, define e cataloga vinte e catro tipos de paisaxediferentes nas cinco Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño de SantiagoFrancés, que...