Este 11 de marzo é, diante da delegación do Goberno en Galicia, día e punto de encontro para os moitos cidadáns, especialmente os que viven do mar, que sinten como o seu peito rexistra de xeito excepcional os latexos que, desordenados, provocan desde cada un dos puntos cardinais, os aeroxeradores do noratlántico de Iberia, unha terra que lambe as súas feridas porque nunca soubo defender o mar. O SEU MAR. O mar do que viven e no que moitos morreron, morren e seguirán morrendo.
Estás fartos de non ter peso no sector e non lle dan importancia aos quilos persoais porque saben por propia experiencia que ”o seu” non é unha cuestión de arrobas, de quilos, de ferrados, senón de reivindicación, de fé sen esperanza nen caridade; é cousa de dicir, altlo e forte, basta!. Que o mar non é de interese exclusivo verde ou azul, non é das eólicas mariñas, da minería mariña nen das terras raras que subxacen onde os afogados non teñen paranza. Nen a van ter, porque o mar -cada vez con máis altura- é de menos mariñeiros ao tempo que o é de poucos -uns poucos- que apostan as súas fortunas a rutas moi estudadas que se non é hoxe será mañá quen de amosar rendibilidade (por máis que os pescadores sigan sen reclamar mellores salarios -polo menos, salarios-) . Rutas que, ao igual que en terra, se parcelan e delimitan con muiños que moen e remoen o vento e estipulan marcos que ninguén se atreve a mover.
O mar zonifícase, “poligonízase”, parcélase, delimítase, adecúase ás circunstancias para que a eólica mariña impere e os grandes das máis grandes empresas eléctricas “pranten” no mar “bosques” metálicos que non darán peixes, matarán aves e paxaros, dispersarán cetáceos que acabarán coas súas vidas varados en calquera Praia convertendo o toxo en espiñas podres polo veleno de quen non ten interese por cambear a situación. A eles váilles ben así e os mariñeiros de toda a vida fan cálculos e teoremas sobre cando se van xubilar e ata cando a arcas das pensións lles vai permitir turrar do aire cada día.
Ë moi posible que este sea o sábado da xente do mar porque, por unha vez, semella que a maioría dos afectados polas eólicas mariñas van ir a unha. O sábado non é día de pesca n a baixura nen de venda para ninguén dop sector pesqueiro. Non se pode alegar, polo tanto, que o traballo chama, demanda, reclama. É moi factible que a concentración na praza de Ourense, na Coruña, entre as 12,00 e as 13,00 horas, sexa importante. Van estar alí os representantes das confrarías galegas e asturianas, tamén os mariñeiros portugueses (que xa saben o leite que dan as eólicas), os armadores, as organizacións de toda caste que viven de e para o mar… e ata os que senten medo polo futuro por máis que non sexan mariñeiros dirán que o seu é un sí ás eólicas, pero non así. É posible qwue mesmo alguén se pregunte por que non hai eólicos en Madrid e a min sáeme da alma dicir que para que van ter aeroxeradores por aló se xa os teñen en Galicia ao seu servizo, afeito como está o Goberno a que a corrente eléctrica sexa servida desde o norte e noroeste. Parvos serían.
Verémonos, logo, na praza de Ourense, na Coruña, para defender o de todos.