Os días pasados o alcalde de Noia, Santi Freire, e máis o concelleiro de Obras, Martín Fernández, visitaron as obras que se están a desenvolver no Xulgado noiés, encamiñadas a rehabilitar o edificio a través dun investimento de 200.000 euros. Segundo confirmaron, “os traballos avanzan a bo ritmo”. Freire e Fernández aproveitaron a visita para reunirse co persoal do Xulgado para analizar novas melloras; peticións que serán trasladadas ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni.
Os traballos inclúen unha posta a punto integral do inmóbel tanto no seu exterior coma no seu interior. Van dirixidas en parte a mellorar as condicións de impermeabilización, illamento e climatización do edificio.





