Avanza a rexeneración na Ribeiriña impulsada polo Concello da Pobra

24 Marzo 2023

Este venres 24 de marzo o Concello da Pobra compartiu detalles do proxecto de rexeneración que impulsou na Ribeiriña co apoio do Goberno central, unha iniciativa de posta en valor ambiental e paisaxística que se desenvolve na contorna trala recuperación por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico dos terreos de dominio público marítimo terrestre concesionados no seu día ás fábricas La Onza de Oro e Hadasa.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); e o xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil; achegáronse ata o lugar para comprobar o avance dos traballos que complementan a actuación iniciada no 2011 co derribo da nave de La Onza de Oro.

Financiada con fondos do Plan de Recuperación por un importe preto dos 800.000 euros, a nova fase do proxecto busca reverter ao seu estado natural unha superficie de aproximadamente 5.500 metros cadrados. Para acadar tal obxectivo, as tarefas comprenden a demolición da explanada, escolleras e ramplas, cun prazo de execución de arredor de oito meses, polo que concluirán no verán. O proxecto contempla tamén unha senda litoral integrada na paisaxe que sirva como transición entre a costa e os núcleos de vivendas próximos.

Esta obra inclúese na segunda fase do plan de actuacións do Ministerio cara a recuperación do dominio público marítimo terrestre na provincia da Coruña.

Rivas destacou a importancia de “suprimir elementos cun impacto negativo para así poñer en valor a zona”. Engadiu que esta acción “permite ver como o Plan de Recuperación está chegando a cada unha das cidades e pobos da nosa provincia.”

Con relación á planta de Hadasa, o rexedor aclarou que “non se derruba agora”, pois é propiedade privada, se ben “o empeño do Concello é a eliminación desta estrutura, principalmente, por cuestións de seguridade”. Segundo explicou, ao tratarse de solo rústico de protección de Costas, só poderán actuar fóra da liña de servidume e presentando un proxecto que redunde en beneficios para o lugar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...