As lagoas de Carragueiros e Abanqueiro incluídas no catálogo de zonas húmidas de Galicia

14 Marzo 2023

As lagoas de Carragueiros e Abanqueiro veñen de ser incluídas no catálogo de zonas húmidas de Galicia promovido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. O Concello de Boiro vén de reiterar agora a colaboración no financiamento para a limpeza das lagoas.
O obxectivo desta solicitude é lograr unha mellora na conservación e xestión destas dúas zonas húmidas do termo municipal e que posúen un alto valor ecolóxico. “Esta catalogación supón un paso máis na recuperación e posta en valor do espazo, para o que xa solicitamos no 2021 financiación xa que empezou a dar problemas aos veciños”, recoñeceu o concelleiro de Medio Ambiente.
Este rexistro das zonas húmidas de Galicia é de carácter público e contén información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos existentes na comunidade para a súa xestión. A
catalogación destes espazos vai permitir aumentar as posibilidades de xestión e conservación dos mesmos.
O Concello de Boiro vén de rexistrar unha reiteración da solicitude de colaboración no financiamento para a limpeza destes espazos húmidos co obxectivo da súa recuperación e mellora da súa conservación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.