Álex Vidal formará parte da candidatura de Manuel ruíz para as eleccións municipais

14 Marzo 2023

O coñecido parataekuondista olímpico de Castiñeiras Álex Vidal Álvarez vai formar parte da lista do
Partido Popular de Ribeira para as eleccións municipais do domingo 28 de maio. Así o desveou esta mañá o candidato á alcaldía Manuel Ruiz Rivas nun acto na sede local da formación no que estivo acompañado de María Sampedro Fernández e do propio Vidal.
Ruiz Rivas salientou a súa intención de crear a mellor lista posible entre todos os partidos que se presenten aos comicios locais, habida conta dos problemas de gobernabilidade que se están a producir nestes momentos no concello polo feito de non ter moitas veces unha maioría suficiente para poder tomar decisións importantes. Sobre esta base, afirmou buscar xente que estea comprometida co seu concello e que neste sentido Álex estaría en calquera quenda pois sempre leva Ribeira por diante.
Ademais, avanzou que o de Castiñeiras figurará entre os números importantes da candidatura e declarou sentirse moi ilusionado con esta fichaxe: : “Se alguén nos ten ensinado que a base de constancia e traballo o que parece imposible non o é, esa persoa é Álex”, declarou.
Pola súa parte, Vidal manifestou que despois de moitos anos de vida deportiva recibindo o cariño da xente, pensaba que nalgún momento llo tiña que devolver “e que mellor que devolverllo traballando para eles”.
Prometeu dar “o cento dez por cento” buscando solucionar os problemas dos cidadáns e da súa parroquia e para que Ribeira poida ser gobernada sen crispación. “Tentarei dar como sempre din en todas as miñas facetas, tanto no deporte como no traballo”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.