O domingo 26 de marzo ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños, con centro de operacións en Asados, presenta República Sideral na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
A obra é un texto da escritora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas que foi gañadora do Premio Barriga Verde 2020 e está dirixida por Amantia Coello.
Trátase dunha farsa esperpéntica que parte dun episodio pouco coñecido da historia de Galicia: a declaración da República Federal Independente da Illa de Arousa durante unhas horas entre o 7 e o 8 de outubro de 1934. Botando man do humor e do deostado teatro da cachaporra, Carrodeguas propón unha reflexión sobre o absurdo da condición humana, a guerra, os enfrontamentos ideolóxicos e as mortes gratuítas.