AGADEA mostra en Boiro (este mércores) como mellorar o coidado das persoas coidadoras

20 Marzo 2023

O Centro Social de Boiro (no número 1 da rúa Manuel María) acolle este mércores 22 de marzo unha charla con información e recursos de utilidade para as persoas que estean ao cargo de dependentes e precisen, tamén, mellorar a calidade do seu traballo e a súa propia calidade de vida.

A charla Coidado da persoa coidadora dará comezo ás 17.00 horas (até as 19.00 horas), e ten as inscricións abertas a través da conta formacion@agadea.org. A sesión será impartida por Martina González Veiras, educadora social do Centro de Día de Ribeira.

Trátase dunha actividade promovida por AGADEA Alzhéimer ao abeiro do acordo que mantén co Concello de Boiro, destinado a fortalecer os servizos da asociación no termo municipal e a crear o marco idóneo para xerar divulgación, intercambio de coñecemento e capacitación no ámbito dos coidados e a atención.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.