A Xunta destinará 6,5 millóns a actuacións para embelecer a costa da nosa comarca e do litoral galego

15 Marzo 2023

O Consello de la Xunta deu luz verde a unha partida 6,5 millóns de euros para destinar durante este ano a actuacións de embelecemento da costa galega e fomentar o turismo sostible,

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que estas axudas diríxense á rehabilitación de espazos singulares, a accións que contribúan a unha mellora da integración coa paisaxe, á mellora da fachada turística e a corrixir impactos paisaxísticos en zonas costeiras.
Na súa intervención, o presidente puxo en valor o “gran atractivo turístico’ dos 2.500 quilómetros de costa cos que conta Galicia e considerou necesarias este tipo de axudas para “revalorizar o patrimonio e a paisaxe custeo de Galicia.
O máximo mandatario autonómico precisou que nesta convocatoria distínguense dúas liñas de axudas. unha dirixida a concellos, cun importe de máis de 4,4 millóns, e outra dirixida a establecementos turísticos; cun importe superior aos 2 millóns de euros.
Na liña de axudas dirixida a concellos, poderán ser beneficiarios os concellos situados no territorio do litoral galego, que son un total de 71 repartidos a Io longo da costa galega entre os que están Muros, Outes; Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Carnota, Câmariñas, Muxía, Cee, Fisterra e Corcubión e na provincia de Pontevedra: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Ademáis, na provincia de Lugo A Coruña poderán ser beneficiarios outros concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.