O Concello de Noia tivo ocasión de fortalecer os seus servizos de emerxencias e atención coa recepción dun desfibrilador externo semiautomático de mans da Dirección Xeral de Emerxencias.

Ao acto de entrega acudiron o Alcalde, Santiago Freire; a concelleira de Protección Civil, Ana García; e varios membros de Protección Civil da vila noiesa.
Na entrega realizouse unha pequena formación na que explicaron o funcionamento dos equipos e como dalos de alta.




