A XI Velada de Boxeo Cidade de Ribeira celébrase o 2 de abril con oito combates e un torneo matinal de formas

20 Marzo 2023

O Concello de Ribeira e a Escola El Canario presentaron este luns 20 de marzo os detalles da undécima edición da Velada de Boxeo Cidade de Ribeira que se celebra o vindeiro 2 de abril ás 18.00 horas no Centro Multiusos Alcalde Torres Colomer de Palmeira. Segundo fixeron saber, o programa inclúe un total de oito combates. O miolo da velada virá precedido dun torneo de formas con máis dun cento de rapaces de entre 6 e 18 anos participantes a partir das 10.30 horas.

A velada foi presentada nun acto no que participaron a tenente de alcalde María Sampedro, o concelleiro de Deportes Javier Sampedro; Israel Benítez, responsábel da Escola El Canario, impulsora do evento; e as púxiles Clara Millares e Mara Montemuíño.

Para a sesión de formas (con catro modalidades: comba, saco, manoplas e sombra) está previsto que acudan clubs de Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago, e probablemente de Asturias.

En canto á velada en si, o programa incluirá sete combates masculinos e un feminino (o que van disputar a ribeirense Clara Millares coa asturiana Ana González), estando representados clubs de Vigo, Pontevedra, Santiago, Marín, Lugo e Asturias. O de Millares será xa o seu 17º combate e expresou o seu desexo de seguir nesta liña e poder participar en distintas competicións a nivel nacional.

As entradas (10 euros) pódense adquirir no Centro de Fisioterapia María Martínez Paz, en Podium Sport e en Bar Tenerife.

Israel Benítez salientou o apoio do Concello e dos moitos patrocinadores para poder celebrar esta actividade, en tanto que María Sampedro e Javier Sampedro quixeron animar á veciñanza a acudir ao pavillón de Palmeira e desfrutar da dobre sesión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.