A USC achega en Outes (este mes de marzo) media ducia de seminarios para persoas maiores

06 Marzo 2023

A Universidade de Santiago e o Concello de Outes achegan este ano unha nova entrega do ciclo formativo universitario para persoas maiores Camiños de Coñecemento e Experiencia. O programa inclúe media ducia de actividades formativas e para anotarse nelas as persoas interesadas deberán chamar ao Centro Social de Outes (981 850 575).

A axenda comeza o 20 de marzo cun seminario sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e prosegue ao día seguinte cunha actividade formativa sobre os servizos no fogar: luz, gas, telefonía e Internet.

O 22 de marzo proseguirán as accións previstas cun seminario sobre moda, arte e historia, e ao día seguinte as persoas participantes teñen unha cita cos tesouros artísticos e patrimoniais que posúe un grandes monumentos da nosa comarca: Santa María a Nova de Noia (inclúese visita). O venres 24 celebrarase un achegamento aos trastornos do sono. A axenda rematará cunha sesión práctica sobre técnicas para durmir mellor e, en consecuencia, mellorar a nosa calidade de vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...