A Tripla Coroa Illas Atlánticas abre o plazo de inscrición para a súa segunda proba, entre Sálvora e Ribeira

21 Marzo 2023

A organización da proba de natación de ultrafondo A Tripla Coroa Illas Atlánticas abrirá o vindeiro luns 27 de marzo o prazo de inscrición para a segunda competición da terceira edición, que se disputará entre a illa de Sálvora e Ribeira, cunha distancia de 19 km, o 9 de setembro de 2023.
En total haberá 140 prazas dispoñibles e as inscricións poderán realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata completar as prazas.
A travesía a nado sairá o sábado 9 de setembro desde a praia do Almacén na illa de Sálvora, pasará polo illote Areoso, ao norte da illa de Arousa, o illote da Rúa ata chegar á praia de Coroso, en Ribeira, onde estará situada a meta. No caso de que non se puidese saír desde a illa de Sálvora por condicións
meteorolóxicas adversas, a organización conta cun percorrido alternativo con saída e chegada na praia de Coroso.
Os gañadores da primeira proba da terceira edición disputada o pasado ano entre as illas Cíes e Baiona de 15 km de distancia foron o canario Aldo Román e a asturiana Patricia Agüera nas categorías masculina e feminina, respectivamente, que encabezan a clasificación provisional deste reto a tres anos. Un total de 139 nadadores completaron a primeira proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas celebrada en 2022.
A terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas inclúe varias novidades respecto a edicións anteriores como a obrigatoriedade do uso da boia para todos os participantes e a incorporación do sistema de localización por GPS, que permite coñecer a posición de cada nadador e o seguimento da proba a través de Internet. Ademais, a organización deixará participar sen neopreno a condición de que o participante presente un currículo deportivo no que demostre ter ampla experiencia en nadar probas de longa distancia sen neopreno.

Inscricións
As inscricións para a travesía a nado entre a illa de Sálvora e Ribeira abriranse o vindeiro luns 27 de marzo, a partir das 10:00 horas, na páxina web www.championchipnorte.com para os nadadores que lograron finalizar a primeira proba entre as illas Cíes e Baiona en 2022. Terán de prazo para inscribirse
ata o martes 11 de abril. A partir do 12 de abril, ás 10:00 horas, abrirase a inscrición para o resto de participantes ata completar as prazas.
A inscrición inclúe a participación na travesía, traslado en barco desde Ribeira ata a illa de Sálvora, camiseta conmemorativa, gorro e bolsa, cronometraxe electrónica por chip, dispositivo de localización por GPS, avituallamiento sólido e líquido durante e despois da proba, seguro de responsabilidade
civil e de accidentes, atención médica, fotografías e vídeo, agasallo conmemorativo para os nadadores que logren finalizar a proba, embarcacións e kaiaks de apoio, premios para os tres primeiros clasificados na categoría masculina e feminina con e sen neopreno, cea e participación no sorteo de agasallos,
entre outros.
A proba está organizada por Atlantic Extreme Sports e conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Abanca, Deputación de Pontevedra, Concello de Ribeira, Mancomunidade do Salnés, Autoridade Portuaria de Vilagarcía, M+Q España, Gadis, Zoggs e Móbil Auto Concesionarios. Colaboran o Parque Nacional
dás Illas Atlánticas de Galicia, Club Náutico de Ribeira, Portos de Galicia, Asociación de Empresarios de Ribeira, Escola Naval Militar de Marín, Iberia, Powerade, Froitas Sol, Supermercados Froiz, Gardacostas de Galicia, Adegas Valmiñor, Asociación Vodea, Cámping Coroso, Piratas de Nabia, Edicións Belagua,
Clubnatacion.com, PescaCíes, Protección Civil de Ribeira, O Grove e A Pobra do Caramiñal, Confrarías de Pescadores de Ribeira e A Illa de Arousa, Asociación Cultural Komaira e A Dorna, entre outros.
57 km en tres anos
A terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas é un reto de carácter competitivo, que consiste en tres probas de natación de ultrafondo cun percorrido total de 57 quilómetros, e disputaranse entre 2022 e 2024 en augas das Rías Baixas galegas.
A Tripla Coroa Illas Atlánticas, 57km a nado, consta de tres travesías a nado de 15, 19 e 23 km de distancia -esta última unha das máis longas de España-, que se celebrarán nas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra entre 2022 e 2024. Cada unha das tres travesías sairá dunha illa do Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia: Cíes, Sálvora e Ons, respectivamente.

A primeira das tres probas da terceira edición, de 15 km, celebrouse o pasado ano entre as illas Cíes e Baiona na ría de Vigo con máis de 160 participantes de toda España e estranxeiro. A segunda terá este ano como punto de partida a praia do Almacén, na illa de Sálvora, e de chegada, a praia de Coroso, en Ribeira, con 19 km de percorrido, na ría de Arousa. A última, a máis longa con 23 km, arrincará da illa
de Ons e terminará en Combarro (Poio), pasando pola illa de Tambo na ría de Pontevedra en 2024. En total, os participantes que completen as tres probas percorrerán a nado 57 km nas tres Rías Baixas galegas.
Os obxectivos deste reto son poñer en valor a riqueza natural das Illas Atlánticas de Galicia, promocionar as Rías Baixas e consolidar este desafío deportivo como unha das probas de natación de referencia en España e Europa. Paralelamente, celebraranse distintas actividades para os familiares e acompañantes dos nadadores como unha visita guiada á illa de Sálvora, en colaboración co Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia, e un concurso fotográfico para escoller as tres mellores imaxes de Sálvora.
O perfil medio do nadador é o dun experimentado deportista que está afeito nadar travesías de longa distancia (máis de 10 km), e que conta cunexcelente estado físico e forza mental para afrontar un reto destas características.
Vento en contra, correntes, ondada, baixas temperaturas na auga e a dureza do océano aberto serán algúns dos elementos adversos aos que terán que enfrontarse os participantes na travesía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...