A sostibilidade traspasa o papel no libro “A tiempo”

04 Marzo 2023

A Pobra do Caramiñal inicia o mes converténdose en parada literaria coa presentación de A tiempo, no
Auditorio do Museo Valle-Inclán na tarde deste 3 de marzo, amenizada pola Escola de Música. Ana María García López explica que se trata de ficción climática; un xénero que pretende dar resposta aos posibles
escenarios que podería carrexa-lo cambio climático. O xerme do libro remóntase ao último ano de universidade da autora quen se presentou a un concurso cun relato que, se ben non resultou galardoado, foi evolucionando con posterioridade ata converterse en novela curta.
Parafraseando o título, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), manifesta que a obra busca remover conciencias para evitar que unha distopía ambiental se acabe convertendo en realidade, polo que “estamos a tempo de aporta-lo noso grao de area.” E para que esa situación resulte máis próxima, a autora inspírase en lugares reais, mesma razón pola que acompaña o texto de fotografías.
Aquí a dimensión da sostibilidade adquire un gran peso, pois non só inflúe na historia, tamén no proceso de edición e impresión. Deste xeito, valores sociais e ambientais transcenden do papel.
A edil remarcou que a Administración local seguirá prestando apoio aos autores noveis para contribuír á divulgación da súa produción literaria e difundi-la creatividade, o cal encaixa na liña estratéxica de traballo para a dinamización da vida cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.